Coñecemento da vida adquirido polas circunstancias ou situacións vividas, cando estas experiencias van acompañadas dunha boa mesa, dise que son EXPERIENCIAS DE CALIDADE
As referencias ao cultivo e consumo do grelo son moi numerosas ao longo dos séculos. Os indicios máis antigos do cultivo da brassicas na nosa terra datan do 3.000 a.c.
O inicio do cultivo do pemento en Galicia asóciase ás sementes traídas dende o estado mexicano de Tabasco polos monxes franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao municipio de Padrón, no século XVII.
O pemento cultivado na Arnoia constitúe un ecotipo seleccionado desde moi antigo polos agricultores desta área xeográfica pertencente á comarca do Ribeiro. Como consecuencia da súa limitada produción e da súa escasa difusión ao longo dos anos, apenas se estendeu fóra do devandito ámbito xeográfico
As orixes do Pemento do Couto remóntanse a mediados do século XVIII, momento no que a actividade no mosteiro de San Martiño do Couto, en Narón, era un exemplo para seguir para todos os habitantes da zona.
As prácticas tradicionais dos agricultores locais mantendo e seleccionando as mellores plantas ao tempo que adaptando as técnicas de produción ás condicións do territorio deron como resultado un produto diferenciado e de gran popularidade.
O Pan de Cea elabórase segundo as técnicas ancestrais da zona, mediante un laborioso proceso artesanal. Cócese en fornos de pedra granítica que son previamente quentados con leña. A obtención do produto transmítese de xeración en xeración, adaptándose á lexislación actual sen perder a súa propia e caracterizadora identidade e o seu sabor único.
A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade.
A indicación xeográfica protexida Pan Galego protexe o pan de trigo elaborado de xeito tradicional en Galicia. Este pan posúe unha calidade diferencial debida á orixe e ás características dos seus ingredientes e á súa forma de elaboración.