Don Bernardino. Finca Mezquita
Produción limitada deste viño tinto elaborado coa variedade Mencía, permanece en barrica francesa 24 meses. Marca premiada co Acio de Bronce, na categoría viños de elaboracións con madeira tintos, nas Catas de Galicia 2021.
Son de Arrieiro 2018
Marca premiada co Acio de Bronce na categoría de Viños de Colleitas anteriores tintos na edición 2021 da Catas de Galicia.
ARQUESÁN
Arquesán destaca pola súa cremosidade, cun sabor que lembra ao leite e á manteiga das gandeirías da súa contorna, o que a fixo merecedora da Distinción de Ouro nas Catas de Galicia 2020.
ARTELAC
Artelac é un queixo con DOP Arzúa-Ulloa, con pasta de cor uniforme, entre a branca marfil e a amarela pálida e textura cremosa.
ARTELAC NABIZA
Queixo Azúa- Ulloa Curado, tamén coñecido como queixo da nabiza, queixo do tempo dos nabos ou queixo do ano. Ten un período de maduración mínimo de seis meses. Distinción de Ouro na categoría DOP Arzúa-Ulloa Curado nas Catas de Galicia 2020 e 2021. Elaborado con leite pasteurizado de vaca producido na propia explotación.
BO-QUEIXO
Bo-Queixo é un produto elaborado nas faldras do Pico Sacro, concretamente na pequena aldea de Orto, no concello de Boqueixón. Gañador da distinción de Bronce na DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2022.
DON GABINO
Don Gabino é un queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado, callo, fermentos e sal. Conseguiu a Distinción de Ouro na categoría DOP San Simón da Costa nas Catas de Galicia 2020.
BARRAL Queixo Tetilla 550g
O queixo Barral elabórase con leite de vaca natural e enteiro, no seu caso pasteurizado, procedente das razas Rubia Galega, Frisoa, Pardo-Alpina e os seus cruzamentos. Obtivo a Distinción de Prata nas Catas de Galicia 2020.
PAZO DE ANZUXAO Arzúa-Ulloa 1000g
Na rexión do Deza, rodeado dunha contorna privilexiada, está o Pazo de Anzuxao, onde dende hai máis de corenta años, se atopan as instalacións desta fábrica tradicional de queixos, galardoado coa Distinción de Prata na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2020, 2022 e 2024.

