STO. ANDRÉ
Queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado e unha maduración mínima de 45 días na súa queixería da parroquia de Barredo no concello lugués de Castroverde, galardoado coa Distinción de Ouro na edición de 2021 das Catas de Galicia
BARRAL Arzúa-Ulloa 550g
Queixo de aroma lácteo que lembra a manteiga e iogur, galardoado coa Distinción de Bronce nas Catas de Galicia 2021.
TERRA DE MELIDE QUEIXO TETILLA
Elaborado con leite procedente das pequenas gandeirías da súa contorna, nesta queixería familiar asentada no rural, que obtivo a Distinción de Bronce na edición 2021 das Catas de Galicia e Ouro no 2024.
COELERNIS
Mel de castiñeiro, silva, xesta e mielato de carballo, o que lle achega un alto contido en sales minerais e antioxidantes. Distinción de Ouro na categoría mel de Bosque nas Catas de Galicia 2021.
HORTA DAS COLMEAS
Este mel, polas súas características organolépticas, amosa un sabor doce con notas salgadas. Obtivo a distinción de Ouro na categoría multifloral das Catas de Galicia 2021 e o bronce no 2022.
MANUEL SANDE
Mel de cor vermella, escura e limpa. O seu olor é eminentemente floral e persistente. A súa composición conxuga néctar de trevo, silva, brezo, carballo e diferentes plantas silvestres. Obtivo a distinción de Prata na categoría Multifloral das Catas de Galicia 2021 e 2022.
LABREGA MEL
Mel monofloral de castiñeiro, colleitado polas súas abellas nas fragas do canón do río Navea, entre castiñeiros e carballos centenarios, que achegan no padal un sabor doutra época.Galardoado coa distinción de Bronce na súa categoría nas Catas de Galicia 2021.
PAZO DE VALDOMIÑO Licor de Herbas
Licor elaborado macerando en frío unha selección natural de 7 herbas aromáticas e medicinais en augardente da IX Augardente de Galicia. Premiado co Pote de Ouro da IX Licor de Herbas de Galicia nas Catas de Galicia 2021 e 2022.
Terras de Lantaño Licor Café
Licor Café obtido mediante maceración de café de tostadura natural no alcol e/ou destilación dobagazo en presencia de café. Galardoado co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2021

