Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
ANDREA PIÑEIRO
Cooperativa de Produtores do Campo da Capela S.C.G.
A nosa razón de ser é fundamentalmente manter vivo o rural e seguir fabricando produtos con sabor auténtico da nosa terra de xeito tradicional
Ponlles cara
Javier Piñeiro
Queixería Fontelas
Son Javier Piñeiro López, teño 49 anos e xunto coa miña muller Sonia diriximos a Queixería Fontelas. O queixo amparado pola DOP San Simón da Costa é co que nos sentimos máis identificados, aínda que tamén elaboramos outro tipo de queixos.
Ponlles cara
Cristina Román
Queixería Don Gabino
A queixería Don Gabino foi fundada polos meus pais no ano 1990 como un acto de amor á terra, un acto de recuperación da tradición e elaboración dos queixos de San Simón da Costa
Ponlles cara
María Cuba
Crisanto SAT - Queixería Don Crisanto
Son María Cuba da queixería Don Crisanto situada na parroquia de Lanzós no concello de Vilalba. Somos unha empresa familiar que inicia a súa actividade no ano 1990, acadando un gran recoñecemento pola súa longa traxectoria na produción artesanal de diferentes tipos de queixos.
Ponlles cara
Antonio Ferreiro
Queixería ARTELAC
Son Antonio Ferreiro, propietario dunha explotación agrogandeira situada no concello de Antas de Ulla. Fíxenme cargo da explotación familiar e puxen en marcha a queixería onde se elaboran os nosos queixos a partir do leite producido na propia explotación. Desenvolvo a miña actividade dun xeito sostible, priorizando o consumo de materias primas de proximidade.
Ponlles cara
Adrián
Queixos Castelo de Brañas S.L.
Son Adrián de Queixos Castelo de Brañas, estamos situados na entrada do Camiño Francés en Galicia, na localidade lucense de Pedrafita do Cebreiro, entre as montañas dos Ancares e O Courel.
Ponlles cara
Carmen
Queinaga, SAT
Son Carmen da Queixería Queinaga situada no concello de Curtis, unha zona de produción de leite e con gran tradición queixeira. A nosa actividade queixeira comeza co obxectivo de revalorizar a produción de leite propia.
Ponlles cara
Isabel Barral
Queixería Barral
Na Queixería Barral traballamos duro para manter vivo o sabor dos seus queixos DOP Queixo Tetilla e DOP Arzúa-Ulloa, poñendo en valor o esforzo de 30 anos de mestres queixeiros.