Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
Viña Moraima
Viña Moraima, S.C.G
Somos a familia Moraima, un pequeno grupo de viticultores de Barro, con tradición vitivinícola, que optamos por montar unha adega onde elaborar uns viños propios, en vez de vender as uvas que producimos a outras adegas.
Ponlles cara
Marta Sertaje
Adega A Coroa, SAT
Son Marta Sertaje e traballo na adega A Coroa dende o ano 2008. Comecei a miña traxectoria coa encomenda de levar a exportación e a comercialización.
Ponlles cara
XULIA BANDE
Xulia Bande. Julia Mar Bande Pivida
Son Xulia Bande colleiteira do Ribeiro dunha pequena adega familiar e este viño é unha homenaxe ao meu avó. O noso tipo de elaboración son viños de garda, viños naturais e procuramos ser o máis respetuosos posibles co medio ambiente e co noso traballo.
Ponlles cara
Aníbal Blanco
Adega Tapias Mariñán. Pazo Blanco Núñez, S.L
A Adega Tapias Mariñán xorde pola iniciativa dos irmás Branco Núñez,
galegos afincados en Barcelona e vinculados ao sector vitivinícola
Ponlles cara
Tania
Bodegas Petrón S.L.
A miña responsabilidade en Bodegas Petrón é a elaboración, coidado e embotellamento do viño coa supervisión do enólogo da nosa adega.