Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
JAVIER
Nós tratamos de trasladar a nosa ilusión e as nosas ganas de vivir no rural a cada botella que se abra e en cada brinde.
Ponlles cara
Jorge Feijoo
Situada no pobo de Abeleda, en Ourense, Adega Vella comeza o seu percorrido no ano 2005, no seo dunha casa datada no século XII que reconstruíron co paso do tempo
Ponlles cara
JOSÉ
Priorato de Razamonde é un proxecto que comezou a súa andadura no ano 1998, nacido do esforzo e a dedicación dunha familia que, a través do tempo, encontrou no viño a mellor maneira de transmitir o sabor das súas terras
Ponlles cara
Montse López
A filosofía da adega Pazo de Vieite é traballar e coidar con esmero as súas dez hectáreas de viñedo propio, xa que este é o factor máis importante para producir viños de calidade.
Ponlles cara
MILAGROS PRADO
O obxectivo desta empresa é que o cliente se sinta satisfeito co produto que facemos. Consideramos que este é un produto para gozar en determinados momentos, para compartir en familia e con amigos ou en festas.
Ponlles cara
Javier Piñeiro
Son Javier Piñeiro López, teño 49 anos e xunto coa miña muller Sonia diriximos a Queixería Fontelas. O queixo amparado pola DOP San Simón da Costa é co que nos sentimos máis identificados, aínda que tamén elaboramos outro tipo de queixos.
Ponlles cara
Cristina Román
A queixería Don Gabino foi fundada polos meus pais no ano 1990 como un acto de amor á terra, un acto de recuperación da tradición e elaboración dos queixos de San Simón da Costa
Ponlles cara
María Cuba
Son María Cuba da queixería Don Crisanto situada na parroquia de Lanzós no concello de Vilalba. Somos unha empresa familiar que inicia a súa actividade no ano 1990, acadando un gran recoñecemento pola súa longa traxectoria na produción artesanal de diferentes tipos de queixos.
Ponlles cara
Antonio Ferreiro
Son Antonio Ferreiro, propietario dunha explotación agrogandeira situada no concello de Antas de Ulla. Fíxenme cargo da explotación familiar e puxen en marcha a queixería onde se elaboran os nosos queixos a partir do leite producido na propia explotación. Desenvolvo a miña actividade dun xeito sostible, priorizando o consumo de materias primas de proximidade.