David Barco
Son David Barco Araújo de Quinta Couselo, adega da DO Rías Baixas, que xunto con dúas adegas máis, da DO Monterrei e da DO Ribeiro, formamos parte dun proxecto común que aposta pola elaboración de viños de calidade, a través de variedades galegas como o albariño, treixadura e godello e algunha tinta como a mencía.